Para entender de que vai o curso, deixo unha infografía que o resume de forma sinxela e simple:
Pero como ben nos avisaron no curso, o exceso de información que podemos obter da internet ten que ser controlada, de aí o termo de "Curación de contidos". Na seguinte infografía explicase en que consiste:
De todo o que vín neste curso o que máis me gustou foi o uso de Twitter, Pinterest, Feedly e Diigo, todos eles por ser unha novidade para mín. Os tres primeiros por ser unha fonte de información magnífica e o último por ser un marcador que permite, ademais de gardar documentos, resaltar información de interese.
Para rematar podo dicir que este curso é moi interesante tamén porque permite traballar con moitos compañeiros de profesión que en todo momento axudaron, ao igual que os titores, para solucionar dúbidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario